frussurf@frussurf.com

 
A TIENDA

Diario
DIARIO

 

 

 

 

info@fgsurf.com
www.fgsurf.com

Federación Galega de Surf
C/Luis Ksado 17 - Ofic. 17  36209 VIGO
Tel.: 986239095
Fax: 986299378

 
Galicia FRUSSURF Olas, playas y surf  
   
 
   
   

Bakio

 

FS Mag / GALICIA 2006

[FS_Mag]

 
[2006] [2005] [2004] [2002-2003]  
 
   20/12/06 - A tua primera onda (Patos, 24 Dic.)
   24/11/06 - Ultimo adeus o surfista Aleixo (A Marosa-Burela, 25 Nov.-16:30 h.)
   24/11/06 -
Reforesta os bosques galegos
   15/11/06 -
Curso de Xuices (Vigo, 18 Nov.)
   13/11/06 - Gala do Surf Galego 2006 (Vigo, 11 Nov.)
   11/11/06 - Aleixo necesita ayuda (Lugo)
   07/11/06 - Gala do Surf Galego 2006 (Vigo, 11 Nov.)
   03/11/06 - Gala do Surf Galego 2006 (Vigo, 11 Nov.)
   03/10/06 - Suspendido Campionato Galego Iunior (A Lanzada, 7-8 Outubro)
   26/09/06 - Campionato Galego Open: Clasificación (Patos-Niagrán, 23-24 Setembro)
   19/09/06 - Campionato Galego Open (Patos-Niagrán, 23-24 Setembro)
   18/09/06 - Campionato Galego por Clubes: Resultados (Nemiña-Muxía, 16-17 Setembro)
   11/09/06 - Campionato Galego por Clubes (Nemiña-Muxía, 16-17 Setembro)
   08/09/06 - Últimos Cursos de Surf gratuitos
   07/09/06 - WQS Pantin Classic (Valdoviño-Ferrol, 7--10 Setembro)
   21/08/06 - 3ª Proba Campionato Galego Open y Circuito Nacional (Soesto-Laxe-A Coruña, 26-27 Agosto)
   17/07/06 - “A tua primeira onda disminuidos fisicos-psiquicos” (A Lanzada-Sanxenxo, 18 Xullo)
   11/07/06 - Clasificación 3ª Proba Campionato Galego Iunior (Doniños-Ferrol, 8-9 Xullo)
   06/07/06 - Manifestacion contra os recheos na Ria de Vigo (Cangas do Morrazo-Pontevedra, 8 Xullo)
   06/07/06 - 3ª Proba Campionato Galego Iunior  (Doniños-Ferrol, 8-9 Xullo)
   20/06/06 - Campionato Galego por Clubes 2006  (Namiña-Muxía, 24-25 Xuño)
   16/06/06 - Suspendida 2ª Prueba Circuito Galego  (Doniños-Ferrol, Xuño)
   12/06/06 - 2ª Prueba Circuito Galego  (Doniños-Ferrol, 17-18 Xuño)
   30/05/06 - 2ª Prueba Circuito Galego Jr: clasificación (Viveiro-Lugo, 27-28 Maio)
   25/05/06 - 2ª Prueba Circuito Galego Jr (Esteiro-Xove-Lugo, 27-28 Maio)
   19/05/06 - 2ª Prueba Circuito Galego Jr (Esteiro-Xove-Lugo, 27-28 Maio)
   04/05/06 - A túa Primeira Onda (Mayo-Junio-Julio)
   04/05/06 - Circuito Galego Clasificación (Orzan-A Coruña, 29-30 Abril)
   24/04/06 - Circuito Galego Jr: Resultados (Patos, 8-9 Abril)
   20/04/06 - Circuito Galego Open (Orzan-A Coruña, 29-30 Abril)
   07/04/06 - Circuito Galego Jr (Patos, 8-9 Abril)
   06/04/06 - Primer Campeonato Circuito Galego Jr (Patos, 8-9 Abril)
   16/03/06 - Concentración contra Puerto Deportivo de Masso (Cangas do Morrazo-Pontevedra, 19 Marzo)
   02/03/06 - Big Wave Day, Fotos (Cabo Silleiro-Vigo, Viernes 17 Febrero)
   22/02/06 - Big Wave Day (Cabo Silleiro-Vigo, Viernes 17 Febrero)
   15/02/06 - Big Wave Day (La Marosa-Vigo, Viernes 17 Febrero)
   26/01/06 - Macro proyecto Puerto Deportivo de Masso (Cangas do Morrazo, Pontevedra)
 
 
   
 

Miércoles 20 de Diciembre 2006

   
 

Surf de balde en Noiteboa
Patos-Nigran, 24 de Decembro

   

 

   "A túa primeira onda" 24 de Decembro de 2006 na praia de Patos (Nigrán).
   Os monitores do Patos Surf Club darán o próximo Domingo 24 de Decembro un curso de surf de balde "A túa primeira onda", dunha duración aproximada de dúas horas.
   Niste curso poden participar persoas de tódalas idades. Soamentes é necesario saber nadar, unha toalla e un bañador; o resto do material necesario será prestado polo propio clube e pola Federación Galega de Surf.
   Como iste evento terá lugar o día de Noiteboa, tanto os monitores coma os alumnos se disfrazarán de Papa Noeles Surfeiros, para imitar así os australianos que reciben o nadal na auga collendo ondas.
   Saúdos cordiais e felices festas dende a Federación Galega de Surf.
  
FGS
   
 
 
   
 

Sábado 24 de Noviembre 2006

   
 

Ultimo adeus o surfista Aleixo
A Marosa-Burela, 25 de Novembro-16:30 h.

   
     O pasado día 21 de Novembro recibiamos a triste nova do falecemento do noso querido amigo Diego Suárez "Aleixo", despois dunha durísima loita contra o cancro. Él  era unha das persoas máis influíntes do surf na mariña lucense e todos, absolutamente todos, os que surfearon asiduamente polas súas augas o recordarán con agarimo.
   Onte xoves 23 ás 16:30 horas tivo lugar o funeral e mañá Sábado día 25 farase unha homenaxe no nome de Aleixo ás 16:30 horas na praia de A Marosa, en Burela. Pregamos a tódolos surfistas e bodyboarders que vos acerquedes por alí para rendirlle un último adeus ó noso benquerido amigo.
   Prevese espallar as súas cinzas nas augas ás 17:00 horas, despois dunha homenaxe dende o mar, sempre que as condicións sexan axeitadas. No caso de que a ondeaxe non nos permita meternos na auga, realizarase dende a area.
   Contamos con todos vos para facer este acto máis especial.
   Dende a federación queremos prestarlle noso máis sinceiro apoio a súa familia e amigos neste duro momento.
  
FGS
   
 
 
   
 

Sábado 24 de Noviembre 2006

   
 

Reforesta os bosques galegos

   

 

   Entre todos salvaremos os nosos montes. Programa de Medio Ambiente "Operación Carballo".
   No Centro On de Caixa Galicia, comprometémonos a colaborar activamente na repoboación dos bosques galegos.
   CONTAMOS CONTIGO?
   HOXE PLANTAS UNHA ÁRBORE. MAÑÁ TERÁS UN BOSQUE.
   Se queres colaborar na recuperación dos nosos bosques, só tes que achegarte o Centro On e seguir os pasos que che detallamos a continuación.
1.- Consigue unha botella de plástico de litro e medio.
2.- Cunha navalla, corta a botella deixando dous terzos desde a base.
3.- Enche o envase con terra rica en humus.
4.- Acode coa tua botella (entre outubro e novembro) ao Centro On Caixa Galicia onde che daremos as sementes, plántaas a uns oito ou dez centímetros da superficie.
5.- Pega a etiqueta que che entregaremos na botella.
6.- Coloca a botella no exterior, para favorecer a súa xerminación e crecemento.
7.- Entre abril e maio, levarémolo ao lugar escollido para plantalo.
8.- Fai un buraco de tamaño superior ao do recipiente, introdúceo cortando as paredes do envase e conservando a raíz principal.
9.- Goza coidándoa e comprobando como crece a túa árbore.
   AGORA ACHÉGATE AO CENTRO ON, E FAI A TÚA MELLOR OBRA.
   AGARDAMOS POR TI.
Centro On CaixaGalicia
Cantón Pequeño, 9-11
15003 – A Coruña
  
Lois Flores
   
 
 
   
 

Miércoles 15 de Noviembre 2006

   
 

Curso de Xuices de Surf 2006
Casa do Deporte-Vigo, 18 de Novembro

   
     Curso de Xuices de Surf 2006: de balde para as mulleres
   Data: Sábado 18 de Novembro de 2006
   Lugar: Casa do Deporte. Rúa Fotógrafo Luís Ksado, nº 17. Vigo
   Horario: 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
   Materia: Clases teórico-prácticas de iniciación e perfeccionamento ó surf
   Profesor: Coque Araujo. Xuiz da ASP
   Prezo: 40 €, agás para as mulleres federadas que lle será TOTALMENTE GRATUITO
   Requisito: Licenza federativa deste ano 2006 expedida pola FGS ou outra federación territorial
-Inscricións: Teléfono: 986 239095
-Fax: 986 299378
-E-mail: info@fgsurf.com
   Prazo de inscricións: ata este Venres 17 de Novembro ás 13:30 horas (máximo 20 prazas).
  
FGS
   
 
 
   
 

Lunes 13 de Noviembre 2006

   
 

Gala do Surf Galego 2006
Casa do Deporte-Vigo, 11 de Novembro

   

 

    O pasado Sábado día 11 de Novembro de 2006 celebrouse ás 18:00 horas a "Gala do Surf Galego 2006" no salón de actos da Casa do Deporte, sita na rúa Fotógrafo Luís Ksado, número 17 de Vigo. Nesta Gala ademáis de poder velas fotos e vídeos pertencentes ó Circuito Galego de Surf e Bodyboard 2006, tamén se entregaron os premios ós tres primeiros clasificados de cada categoría e modalidade e ós dous mellores deportistas deste ano 2006.
   Como mellores deportistas destacaron e foron premiados:
-Mellor deportista masculino: Pedro Montero
-Mellor deportista feminino: Erika Franco
Reciban saúdos cordiais,
  
Loly. FGS
 
Clasificación por categoría e modalidade 2006:
Categoría Posto   Nome

Surf Open Masc

Victor Iván Pombo
  Milo Castelo
  Carlos Bremón

Surf Xúnior Masc

Hans Thiessen
  Nicolás Pérez
  Alex Díez

Surf Infantil Masc

Gonzalo Díez
  Guillermo Gómez
  Rodrigo Hermida

Surf Open Fem

Lupe Bruquetas
  Erika Franco
  Blanca Escrigas

Surf Xúnior Fem

Blanca Escrigas
  Erika Franco
  Maria Escrigas

Body Open Masc

Pedro Montero
  Nacho Garcia
  Carlos Viñas

Body Xúnior Masc

Pedro Montero
  Álex Rico
  Diego Carrete

Body Infantil Masc

Eduardo Ramos
  Andrés Durán
  Nicolás Carpio

Body Xúnior Fem

Raquel Sedes
  Inés Armada
  Alejandra Rodrriguez

Surf Infantil Fem

Erika Franco
  Mairea Irisarri
  Flavia Braña
   
 
 
   
 

Sábado 11 de Noviembre 2006

   
 

Aleixo necesita ayuda

   
     Un surfer da Mariña está en una situación muy delicada y necesita de la colaboración y solidaridad de todos.
   Se trata del caso de un surfer de Lugo Diego Suarez "Aleixo", más concretamente local de la Machaca; le han detectado un cáncer muy agresivo que sólo tiene cura mediante un tratamiento experimental y costoso en la clínica privada madrileña Anderson.
Sus amigos han creado una cuenta en el Banco Central Hispano (0049 0541252490463246) y como ellos dicen: con unas cuantas gotas de agua, se forman esas olas grandes que tanto le gustan a este buen amigo de la vida y de la gente.
   Amigos de Aleixo
.
  
Surfeiros
   
 
 
   
 

Martes 7 de Noviembre 2006

   
 

Gala do Surf Galego 2006
Casa do Deporte-Vigo, 11 de Novembro

   

 

    Estimados sres:
   O vindeiro sábado día 11 de Novembro de 2006 celebrarase ás 18:00 horas na Casa do deporte en Vigo, sita na rúa Fotógrafo Luis Ksado, número 17, a “GALA DO SURF GALEGO 2006”.
   Por elo, comprácenos invitalos a celebración da mesma na cal se porán presenzar os seguintes actos:
Ø       Apertura da Gala do Surf Galego 2006
Ø       Presentación de fotos e vídeo 2006
Ø       Palabras do Presidente da FGS
Ø       Entrega de premios por categorías e modalidades
Ø       Peche da Gala do Surf Galego 2006
Ø       Pinchos para os asistentes
   Sen máis, esperando contar coa vosa presenza.
   Recibide saúdos cordiais.
  
Juan A. Hermida Herbello (Secretario Federación Galega de Surf).
   
 
 
   
 

Viernes 3 de Noviembre 2006

   
 

Gala do Surf Galego 2006
Casa do Deporte-Vigo, 11 de Novembro

   
     "Gala do Surf Galego 2006"
   Data: 11 de Novembro de 2006
   Lugar: Casa do Deporte (Vigo)
   Hora: 18:00 horas
   A Federación Galega de Surf ten o pracer de invitalo/a á Gala do Surf Galego 2006 na cal porá presenciar os seguintes actos:
-Apertura da Gala 2006
-Presentación das fotos do Circuito Galego de Surf e Bodyboard 2006
-Entrega de premios por categoría e modalidade
-Peche da Gala 2006
-Pinchos para os asistentes
   En espera da súa presenza,
   Reciba un cordial saúdo e boas ondas.
   FGS
   
 
 
   
 

Martes 3 de Octubre 2006

   
 

Suspendido o Campionato Galego Iunior de Surf e Bodyboard 2006
A Lanzada-Sanxenxo, 7-8 de Outubro

   

 

    Suspendida a quinta e última proba do Circuito Galego Iunior de Surf e Bodyboard que se ía celebrar este fin de semán na praia de A Lanzada (Sanxenxo).
   Deste xeito, damos por  pechado o "Circuito Galego 2006 Open e Iunior de Surf e Bodyboard".
   Aproveitamos a ocasion para mandarche un agarimoso saúdo e desexarche boas ondas.
  
FGS
   
 
 
   
 

Martes 26 de Septiembre 2006

   
 

Campionato Galego Open
Patos-Niagrán, 23-24 de Setembro

   
 

Clasificación:

SURF:

MASCULINO: FEMENINO: 
1º) Milo Castelo
2º) Victor I. Pombo
3º) Oscar Prieto
4º) Juan Jamardo
1º) Lupe Bruquetas
2º) Isabel Reimundez
3º) Erika Franco
4º) Jade Irisarri
BODYBOARD:
MASCULINO:
1º) Antonio González
2º) Nacho García
3º) Carlos Viñas
4º) Roberto Alvarez

 

   FGS
   
 
 
   
 

Martes 19 de Septiembre 2006

   
 

Campionato Galego Open
Patos-Niagrán, 23-24 de Setembro

   

 

   Evento: Campionato Galego Open
   Modalidades: Surf e Bodyboard
   Idades: Tódalas idades
   Días: 23-24 de Setembro de 2006
   Lugar: Praia de Patos-Nigrán (Pontevedra)
   Confirmación de inscricións: sábado de 9:30 a 10:00 horas na praia de Patos - Nigrán
   Prezo: 15 €
   Inscricións: Tlf: 986 239095; Fax: 986 299378;  e-mail: info@fgsurf.com
   Prazo de inscricións: ata xoves 21 de Setembro as 20:00 horas
   E ADEMÁIS:
   Evento: "A TÚA PRIMEIRA ONDA"
   Modalidades: Surf e Bodyboard
   Idades: Tódalas idades
   Días: 23-24 de Setembro de 2006
   Lugar: Praia de Patos-Nigrán (Pontevedra)
   Hora: 16:00 H.
   Prezo: Totalmente gratuito
   Inscricións: Tlf: 986 239095; Fax: 986 299378;  e-mail: info@fgsurf.com
   Prazo de inscricións: ata xoves 21 de Setembro as 20:00 horas
  
FGS
   
 
 
   
 

Lunes 18 de Septiembre 2006

   
 

Campionato Galego por Clubes
Nemiña-Muxía, 16-17 de Setembro

   

 

   O campionato galego por clubes que, no seu inicio, se ía celebrar os días 24-25 de Xuño e, logo aprazóuse ao pasado fin de semán, tivo un gran éxito debido á boa oleaxe e a participación dos clubes. Este campionato foi organizado polo Concello de Muxía e pola Federación Galega de Surf.
   Nel participaron 10 clubes. Os resultados dos seis primeiros foron os seguintes:
1.PRADO SURF CLUBE (8610 PUNTOS)
2.SANDSPIT SURF CLUB (4580 PUNTOS)
3.PATOS SURF CLUB (3760 PUNTOS)
4.RASPAS CORCHOS CLUB (3150 PUNTOS)
5.RIO SIEIRA SURFING CLUB (2365 PUNTOS)
6.CLUB DE SURF GROSSO DE DONIÑOS (2025 PUNTOS)
   Os catro primeiros clubes obtiveron os seguintes premios:
1º clube clasificado:  500 €
2º clube clasificado: 300 €
3º clube clasificado: 200 €
4º clube clasificado: 100 €
  
FGS
   
 
 
   
 

Lunes 11 de Septiembre 2006

   
 

Campionato Galego por Clubes
Nemiña-Muxía, 16-17 de Setembro

   

 

   Evento: Campionato Galego por Clubes
   Modalidades: Surf e Bodyboard
   Idades:
-InfantiL: menor o igual a 14 anos (ano de nacemento maior ou igual a 1992)
-Junior: menor o igual a 18 anos (ano de nacemento maior ou igual a 1988)
-Senior: maior de 18 anos (ano de nacemento menor a 1987)
   Días: 16-17 de Setembro de 2006
   Lugar: Praia de Nemiña (Muxía)
   Hora: 10:00 H.
   Prezo: GRATUITO
   Inscricións (polo clube):
Tlf: 986 239095
Fax: 986 299378
e-mail : info@fgsurf.com
   Prazo de inscricións: ata as 20:00 horas do mércores 13 de Setembro de 2006
   Aloxamento (camping) e xantar: GRATUITO (sábado e domingo)
   Premios por clube:
-1º clube clasificado: 500 €
-2º clube clasificado: 300 €
-3º clube clasificado: 200 €
-4º clube clasificado: 100 €.
  
FGS
   
 
 
   
 

Viernes 8 de Septiembre 2006

   
 

Cursos gratuitos de Surf: "A túa primeira onda "

   

 

   07-10 DE SETEMBRO NA PRAIA DE PANTIN - FERROL (A CORUÑA)
   23-24 DE SETEMBRO NA PRAIA DE PATOS - NIGRÁN (PONTEVEDRA)
   07-08 DE OUTUBRO NA PRAIA DE A LANZADA - SANXENXO (PONTEVEDRA)
   Inscricións e máis información:
Tlf: 986 239095
Fax: 986 299378
e-mail: info@fgsurf.com
  
FGS
   
 
 
   
 

Jueves 7 de Septiembre 2006

   
 

WQS Pantin Classic
Campionato do mundo de Surf***
Campionato de Europa feminino***
Curso gratuito "A túa primeira onda"

Valdoviño-Ferrol, 7-10 de Setembro

   

 

   Programa do Campionato do Mundo de Surf e de Europa Feminino:
   Xoves 7 de Setembro
Pleamar 02:39 (4,07) - Baixamar 08:39 (0,68)
Pleamar 14:54 (4,47) - Baixamar 21:10 (0,40)
A partir das 10:30 h.
Fases eliminatorias CAMPIONATO DO MUNDO WQS masculino
   Venres 8 de Setembro
Pleamar 03:20 (4,27) - Baixamar 09:22 (0,46)
Pleamar 15:37 (4,62) - Baixamar 21:51 (0,28)
A partir das 10:00 h.
Fases eliminatorias CAMPIONATO DO MUNDO WQS masculino
Ás 17:00 h.
Semifinais campionato por equipos, COOL TAG TEAM
   Sabado 9 de Setembro
Pleamar 04:01 (4,37) - Baixamar 10:04 (0,36)
Pleamar 16:18 (4,65) - Baixamar 22:31 (0,29)
A partir das 10:00 h.
Fases eliminatorias CAMPIONATO DO MUNDO WQS masculino
Campionato europeo feminino CAIXANOVA SURFING GIRLS
Ás 18:00 h.
REDSAND EXPRESSION SESSION
   Domingo 10 de Setembro
Pleamar 04:41 (4,37) - Baixamar 10:46 (0,39)
Pleamar 17:01 (4,53) - Baixamar 23:13 (0,43)
A partir das 10:00 h.
Fase final CAMPIONATO DO MUNDO WQS masculino
Campionato europeo feminino CAIXANOVA SURFING GIRLS
Ás 15:45 h.
Final campionato por equipos, COOL TAG TEAM
Ás 16:45 h.
REDSAND EXPRESSION SESSION
Ás 17:30 h.
Final campionato europeo feminino CAIXANOVA SURFING GIRLS
Ás 18:15 h.
Final CAMPIONATO DO MUNDO WQS masculino
Ás 19:00 h.
Entrega de premios na praia

   Programa do curso gratuito "A túa primeira onda":
   Xoves 7 de Setembro
Ás 13:00 h. na praia de Pantín
Gratuito e para tódalas idades
   Venres 8 de Setembro
Ás 13:00 h. na praia de Pantín
Gratuito e para tódalas idades
   Sabado 9 de Setembro
Ás 13:00 h. na praia de Pantín
Gratuito e para tódalas idades
   Domingo 10 de Setembro
Ás 13:00 h. na praia de Pantín
Gratuito e para tódalas idades.
  
FGS

   
 
 
   
 

Lunes 21 de Agosto 2006

   
 

3ª Proba Circuito Galego Open Surf e Bodyboard
Circuito Nacional de Surf

Praia de Soesto-Laxe-A Coruña, 26 y 27 de Agosto